1.2 Bibliografia e Leituras do Galego. Galician Bibliography and Readings

BIBLIOGRAFIA DO GALEGO. BIBLIOGRAPHY  OF GALICIAN. PROF. DR. DARCY CARVALHO. SÃO PAULO. BRASIL

Ver on-line o DICIONÁRIO DA REAL ACADEMIA GALEGA


Contents: 01 02 03 04 05


01. Juan Cuveiro Piñol.  El habla gallega, observaciones y datos sobre su origen y vicisitudes (1876)

https://archive.org/details/elhablagallegaob00cuveuoft

02 A GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA  DE SILVERIO CAÑADA

O lanzamento da “Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada” revela a existencia de dous proxectos paralelos de edición de Grandes Enciclopedias.

En 1974 saía á luz pública a “Gran Enciclopedia Gallega”. Un proxecto ciclópeo que pretendía reunir nunha soa obra o saber existente sobre o noso país. Case trinta anos despois, nace unha nova versión desta obra, actualizada e, agora si, no noso idioma. Pero paralelamente a este proxecto, auspiciado polo grupo El Progreso-Diario de Pontevedra, existe unha editora, Novos Vieiros, que asegura que mantén os dereitos sobre a obra e anuncia novas actualizacións para este mesmo ano.

Silverio Cañada nacera en Xixón e era fillo dun pequeno empresario. Amante do libro desde moi novo, en 1967 iniciou o seu traballo no mundo editorial creando Ediciones Júcar. Desde este e doutros selos publicou ao longo da súa vida máis de 1500 títulos de todo tipo, desde novela negra ata libros sobre historia ou política. Sen embargo, as súas obras magnas serían dúas enciclopedias. En 1969 iniciaba o proxecto de publicación da “Gran Enciclopedia Asturiana”, un traballo ciclópeo que se facía eco polo miúdo de toda a información sobre o Principado. A enciclopedia recollía e sistematizaba a historia, a xeografía e en xeral toda a cultura da rexión nun proxecto nunca feito ata daquela e contou coa colaboración dos principais nomes da cultura asturiana da época. Vendo o espectacular éxito que axiña acompañou este proxecto, só tres anos despois puña en marcha unha iniciativa semellante aplicada a Galicia, a “Gran Enciclopedia Gallega”. Nomes e éxito:

Do mesmo xeito que en Asturias, colaboraron entusiasmados neste proxectos os maiores especialistas na nosa cultura da época. Baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo, achegaron o seu saber a este proxecto unha lista interminable de nomes. Un comité coordinador en que participaban Francisco Fernández del Riego, Xesús Alonso Montero ou Basilio Losada. A eles sumábase unha lista interminable, Ramón Piñeiro, García-Sabell, Parga Pondal, Fernández de la Vega, Antón Fraguas, Carvalho Calero... O resultado final, despois de anos de traballo, foi un total de trinta e dous tomos. Máis de trinta e cinco mil coleccións completas desta obra distribuíronse entón por toda Galicia, conseguindo ser unha obra de consulta imprescindible en todo o país, presente en todas as escolas e institucións, así como en moitos fogares galegos. Nova xeira:

Recentemente, a enciclopedia volveu á actualidade cando o grupo editorial que agrupa os xornais “El Progreso” e “Diario de Pontevedra” anunciou a súa intención de editar unha nova versión desta obra actualizada e en galego. Nesta nova xeira, a dirección do traballo recaeu en Benxamín Casal, histórico estudioso da cultura do país. Segundo el “o primeiro que fixemos foi unha pasada demorada por toda a enciclopedia para ter unha idea do que hai dentro. A continuación tivemos que recompoñer tematicamente os seus contidos, para ver como está representada cada cousa”. A partir de aí buscouse reequilibrar as entradas segundo a súa importancia. Deste xeito houbo definicións que se acurtaron con respecto á edición de 1974 ao existir actualmente máis posibilidades de que o lector atope documentación sobre elas fóra da Enciclopedia. Por outra banda analizouse qué entradas sería necesario engadir para reflectir a evolución de Galicia nos últimos trinta anos. Finalmente a obra pasará a ter corenta e catro tomos na nova edición. Segundo Casal, prestouse especial atención ás novas tecnoloxías, a gastronomía, a moda, a muller e o movemento asociativo galego, entre outros temas pouco presentes na versión orixinal. Para realizar este traballo existe un equipo de entre quince e vinte persoas, segundo as necesidades, que se coordina cun Consello Editorial, outro Consultivo e outro Asesor formados, coma hai trinta anos, polos nomes máis importantes da nosa cultura. O proxecto:

Froito deste traballo nos últimos meses están xa preparados os catro primeiros tomos da nova versión desta obra. Na actualidade continúan a traballar nos seguintes volumes, “a intención é ila facendo paralelamente á súa publicación, e editando un tomo cada mes”, apunta o director da nova xeira. Agárdase que nos vindeiros catro anos estea completo o proxecto. Casal recoñece que se tardou moito en facer esta actualización da enciclopedia, “non se sabe por que foi así, quizais faltou este pulo e a coraxe dun grupo editorial que financie este proxecto”. Antes xa de que remate a edición en papel porase en marcha a edición en CD-rom da obra, asegura o director do proxecto. O que si quedará para despois será a versión de Internet, para o que haberá “un acceso regrado cunha cota que aínda non está determinado polo miúdo”, segundo Casal. Antonio Couto, responsable de mercadotecnia da obra, non se pronuncia sobre a posibilidade de publicar unha nova edición en castelán, sinalando que están a estudiar diferentes iniciativas. Sobre o custo que supón abordar un proxecto desta envergadura, sinala que “non podemos falar polo de agora de cifras concretas”, pero si apunta que “é un proxecto de iniciativa totalmente privada” para o que non contan con axudas públicas. Desde a editora están convencidos de que “os primeiros indicios apuntan a un éxito sen precedentes” para este producto. A outra enciclopedia:

Curiosamente, se en Internet se teclea granenciclopediagalega.com aparece a web de Novos Vieiros editorial. Detrás desta marca atópase un grupo de xente que leva máis de vinte anos distribuíndo a “Gran Enciclopedia Gallega” editada orixinalmente por Silverio Cañada. Neste mesmo web anúnciase para este mesmo ano 2003 a publicación de novas ampliacións para esta obra en forma de apéndices temáticos realizados en galego. Segunda apunta o encargado de Novos Vieiros, Xosé Nin, “nós temos a edición orixinal da Gran Enciclopedia Gallega que foi actualizada aínda no ano 2000, xa en galego” e apunta que “por suposto” manteñen os seus plans de continuar actualizando a obra. Para dentro de dous meses esta empresa prevé editar os últimos apéndices temáticos dedicados á natureza de Galicia, que, engadidos a todos os tomos anteriores, sumarán un total de corenta e oito volumes. De xeito que nos atopamos coa existencia de dúas enciclopedias galegas. “Nós imos seguir publicando a Gran Enciclopedia Gallega porque é unha obra con marca rexistrada e con dereitos históricos de propiedade intelectual”. Dos dereitos:

Desde esta editora apuntan sobre o proxecto que se está a anunciar desde El Progreso-Diario de Pontevedra que “o que teñen é unha marca rexistrada en xullo do 2002 e aválanse sobre esa marca e sobre unhas supostas cesións hereditarias do autor para publicar en galego con lixeiras modificacións”. ”Actuaron coma se a obra estivese descatalogada”, sinala Nin, que tamén afirma que na súa empresa hai traballadores que levan vinte anos vencellados ao proxecto, desde os tempos en que a editora de Silverio Cañada o tiña nas súas mans. Ademais, desde Novos Vieiros aseguran que teñen un almacén con dez mil coleccións completas da edición orixinal en propiedade, e que xa venderon outros dez mil exemplares dos apéndices publicados. “O noso almacén e o almacén orixinal da Gran Enciclopedia, que foi mudando dunhas empresas a outras e que hoxe chega aquí coa mesma xente, os mesmos administrativos, os mesmos traballadores e os mesmo vendedores que os da antiga enciclopedia”, sinala Nin.

A editora asegura que “están estudiando todas as posibilidades” sobre as medidas que poden tomar contra a iniciativa de El Progreso-Diario de Pontevedra, xa que consideran que se están a vulnerar os seus dereitos. ¿Sitio para todos?

Pola banda deste grupo editorial Antonio Couto apunta que, “adquirimos os dereitos da Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada”, é dicir, “dos tomos un ao trinta e dous”, que serán totalmente actualizados, tanto en texto coma en fotografías. Couto aclara “os temas de legalidade lévanse rigorosamente nesta casa. Comezamos facendo todo tipo de investigacións de mercado e analizamos as posibilidades de nos facer con todos os dereitos. Contactamos cos editores orixinais e así se foi xestando o proxecto”. Segundo el, a “’Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada’ non choca nin vai contra ningún outro proxecto nin iniciativa comercial, e vai ser un proxecto evidentemente distinto, con distintas canles de distribución” ao que desenvolve Novos Vieiros. Couto afirma que “este proxecto non vai contra ninguén se non a favor de Galicia”. Dúas grandes iniciativas para anovar o coñecemento sobre nós mesmos están en marcha.

03 Quem foi o primeiro reintegracionista. Quando aparece o reintegracionismo?

O reintegracionismo tal e como hoje o entendemos nasce entre finais dos anos 70 e princípios dos 80, com a consolidaçom de umha prática ortográfica para o galego convergente com a do português.  Nessa altura, para a consolidaçom dessa prática, tivo grande importáncia um grupo de sacerdotes galegos residentes em Itália que assinárom um texto conhecido como o Manifesto dos 13 de Roma. Porém, nesta primeira etapa da prática reintegracionista moderna também fôrom fundamentais figuras já falecidas como Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Paz Andrade, Rodrigues Lapa ou Guerra da Cal.

http://agal-gz.org/faq/doku.php?id=pt_agal:historia

=========================================================================

ARQUIVOS ADICIONADOS.

Ċ
Darcy Carvalho,
16 de jun de 2015 17:09
Ċ
Darcy Carvalho,
27 de abr de 2015 17:39
Ċ
Darcy Carvalho,
27 de abr de 2015 17:43
Ċ
Darcy Carvalho,
30 de abr de 2015 15:15
Ċ
Darcy Carvalho,
12 de mai de 2015 18:52
Ċ
Darcy Carvalho,
30 de abr de 2015 15:03
Ċ
Darcy Carvalho,
12 de mai de 2015 19:01
Ċ
Darcy Carvalho,
12 de mai de 2015 19:39
Ċ
Darcy Carvalho,
31 de mai de 2015 08:57
Comments